Entradas

Reflexión Final

Como valoración deste cuatrimestre na materia de Novas Tecnoloxías, na miña opinión paréceme que traballamos moito, fixemos unha chea de proxectos e tarefas nas cales, sobre todo a min, proporcionáronme unha visión da tecnoloxía na aula bastante distinta. Agora vexo dita tecnoloxía como unha ventaxe a hora de diseñar e crear novos recursos que sin a tecnoloxía non poderíamos realizar. Dende o meu punto de vista, o traballo que máis me gustou, en canto a hora de traballar e a idea da tarefa, foi o do audioconto. Creo que un dos motivos polos cales esta materia gústame bastante, sin ningunha duda, débese as compañeiras que me tocaron. Facilitáronme o traballo e realizamos as tarefas de forma equitativa sempre. Aprendín moito delas e dos diferentes puntos de vista da xente no ámbito da educación. Grazas tamén a Almudena pola axuda que nos proporcionou sempre e pola súa gran amabilidade, fan falta máis docentes como ela! Unha aperta e felices festas.

Póster Dixital

Co meu grupo de novas tecnoloxías fixemos un póster dixital no cal achegamos os nosos traballos realizados nesta materia durante este cuatrimestre, aínda que falta algún... Aquí deixo o link para poder velo: https://view.genial.ly/5dd3d6032982600f2abb7d9a/vertical-infographic-genially-sin-titulo

Práctica 12 de Novembro

Neste día 12 de novembro rematamos xa a narrativa dixital, fixemos unhas historias nas cales os protagonistas son unha abella e unha formiga. Levounos unha chea de clases rematalas debido a que non estábamos familiarizados cos programas que utilizamos. Tamén rematamos co vídeo do parchís e o vídeo no cal escribimos nunha pizarra os elementos principais de cada estación. Xa fixemos a entrega destes dous traballos e quitámonos bastante traballo de enriba.

Semana 4-10 Novembro

Esta semana foi bastante dura, tiven que adiantar a maioría dos traballos para así poder entregalos no prazo de tempo e poder empezar a rematar os seguintes. No meu grupo de tecnoloxía xa rematamos case a narrativa dixital, a cal ten moi boa pinta e o recurso audiovisual. No recurso audiovisual fixemos un parchís o cal, dende o meu punto de vista, quedou bastante ben e espero que recibamos unha nota bastante boa. O traballo da narrativa dixital xa comeza a ter fin, parecía un traballo que nunca o íamos a rematar pero ya comezamos a mirar o final e por agora con moi boas sensación.

Slow Tech

Imagen
A tarefa do slow tech, que entreguei xa fai case unha semana, pareceume unha actividade menos amena que o PLE e que me levou bastante tempo. Non tiven a calificación que esperaba pero a principal causa foi  a falta de licencia do meu traballo.

Outubro

Imagen
No mes de outubro, a materia de novas tecnoloxías encheuse de traballos. A narrativa, os xogos interactivos, o análise dos recursos, o PLE, a lectura de imaxes...  Todos estes traballos téñoos case todos rematados e entregados, o que máis tempo e traballo leva, sen ningunha duda é a narrativa. Pese a o traballo que nos está levando ao meu grupo e máis a min, facelo está sendo bastante ameno e teño moi boas sensacións en canto ao que é a puntuación que podemos obter no traballo. Outro traballo que destaco debido a miña calificación obtida e a estrutura do mesmo, é o PLE, foi un traballo que me levou unhas 2-3 horas para que me quedase todo totalmente alineado e ben estruturado e estou moi orgulloso coa calificación que recibín. A ver que nos depara este mes de novembro.

Clase Novas Tecnoloxías 01/10/2019

A clase de hoxe foi moi productiva e dinámica xa que tivemos que acabar de encher as fichas de traballo das actividades interactivas, o cal leva unha chea de traballo e, por último, xuntámonos en grupos pequenos e comezamos a facer o traballo. Traballo no cal teño unhas boas sensacións grazas a que me gusta o tema que eliximos os compañeiros e eu e creo que podemos elaborar un traballo bastante bo con moito esforzo.