Reflexión Final

Como valoración deste cuatrimestre na materia de Novas Tecnoloxías, na miña opinión paréceme que traballamos moito, fixemos unha chea de proxectos e tarefas nas cales, sobre todo a min, proporcionáronme unha visión da tecnoloxía na aula bastante distinta. Agora vexo dita tecnoloxía como unha ventaxe a hora de diseñar e crear novos recursos que sin a tecnoloxía non poderíamos realizar. Dende o meu punto de vista, o traballo que máis me gustou, en canto a hora de traballar e a idea da tarefa, foi o do audioconto.

Creo que un dos motivos polos cales esta materia gústame bastante, sin ningunha duda, débese as compañeiras que me tocaron. Facilitáronme o traballo e realizamos as tarefas de forma equitativa sempre. Aprendín moito delas e dos diferentes puntos de vista da xente no ámbito da educación.
Grazas tamén a Almudena pola axuda que nos proporcionou sempre e pola súa gran amabilidade, fan falta máis docentes como ela!

Unha aperta e felices festas.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Outubro

Semana 4-10 Novembro

Práctica 12 de Novembro