Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2019

Semana 4-10 Novembro

Esta semana foi bastante dura, tiven que adiantar a maioría dos traballos para así poder entregalos no prazo de tempo e poder empezar a rematar os seguintes. No meu grupo de tecnoloxía xa rematamos case a narrativa dixital, a cal ten moi boa pinta e o recurso audiovisual. No recurso audiovisual fixemos un parchís o cal, dende o meu punto de vista, quedou bastante ben e espero que recibamos unha nota bastante boa. O traballo da narrativa dixital xa comeza a ter fin, parecía un traballo que nunca o íamos a rematar pero ya comezamos a mirar o final e por agora con moi boas sensación.

Slow Tech

Imagen
A tarefa do slow tech, que entreguei xa fai case unha semana, pareceume unha actividade menos amena que o PLE e que me levou bastante tempo. Non tiven a calificación que esperaba pero a principal causa foi  a falta de licencia do meu traballo.

Outubro

Imagen
No mes de outubro, a materia de novas tecnoloxías encheuse de traballos. A narrativa, os xogos interactivos, o análise dos recursos, o PLE, a lectura de imaxes...  Todos estes traballos téñoos case todos rematados e entregados, o que máis tempo e traballo leva, sen ningunha duda é a narrativa. Pese a o traballo que nos está levando ao meu grupo e máis a min, facelo está sendo bastante ameno e teño moi boas sensacións en canto ao que é a puntuación que podemos obter no traballo. Outro traballo que destaco debido a miña calificación obtida e a estrutura do mesmo, é o PLE, foi un traballo que me levou unhas 2-3 horas para que me quedase todo totalmente alineado e ben estruturado e estou moi orgulloso coa calificación que recibín. A ver que nos depara este mes de novembro.