Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2019

Reflexión Final

Como valoración deste cuatrimestre na materia de Novas Tecnoloxías, na miña opinión paréceme que traballamos moito, fixemos unha chea de proxectos e tarefas nas cales, sobre todo a min, proporcionáronme unha visión da tecnoloxía na aula bastante distinta. Agora vexo dita tecnoloxía como unha ventaxe a hora de diseñar e crear novos recursos que sin a tecnoloxía non poderíamos realizar. Dende o meu punto de vista, o traballo que máis me gustou, en canto a hora de traballar e a idea da tarefa, foi o do audioconto. Creo que un dos motivos polos cales esta materia gústame bastante, sin ningunha duda, débese as compañeiras que me tocaron. Facilitáronme o traballo e realizamos as tarefas de forma equitativa sempre. Aprendín moito delas e dos diferentes puntos de vista da xente no ámbito da educación. Grazas tamén a Almudena pola axuda que nos proporcionou sempre e pola súa gran amabilidade, fan falta máis docentes como ela! Unha aperta e felices festas.

Póster Dixital

Co meu grupo de novas tecnoloxías fixemos un póster dixital no cal achegamos os nosos traballos realizados nesta materia durante este cuatrimestre, aínda que falta algún... Aquí deixo o link para poder velo: https://view.genial.ly/5dd3d6032982600f2abb7d9a/vertical-infographic-genially-sin-titulo

Práctica 12 de Novembro

Neste día 12 de novembro rematamos xa a narrativa dixital, fixemos unhas historias nas cales os protagonistas son unha abella e unha formiga. Levounos unha chea de clases rematalas debido a que non estábamos familiarizados cos programas que utilizamos. Tamén rematamos co vídeo do parchís e o vídeo no cal escribimos nunha pizarra os elementos principais de cada estación. Xa fixemos a entrega destes dous traballos e quitámonos bastante traballo de enriba.